RCD / NOVAS

A deportivista Patri Rúa será a madriña do Campus Ribeiro en Ribadavia

30/06/2018 10:57

A xogadora ourensá do Deportivo ABANCA Patri Rúa foi nomeada madriña da 3ª edición do Campus Ribeiro, que terá lugar na localidade de Ribadavia (Ourense) do 2 ao 7 de xullo próximos.

A defensa branquiazul visitará o campus e compartirá cos nenos e nenas participantes (de entre 5 e 14 anos) a súa experiencia, traxectoria, anécdotas... así como os valores fundamentais dunha xogadora do RC Deportivo.

Desta forma, o Deportivo ABANCA convértese en referente para o fútbol feminino ourensán; posto que Manu Sánchez, técnico deportivista, visitou o pasado 2 de xuño a Escola de Fútbol Feminino Rosalía, que está integrada na estrutura da Asociación Deportiva Bosco dos Salesianos de Ourense.