RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A deportivista Sara Álvarez, citada con España sub-17 para un amigable ante Alemaña

A xogadora do Deportivo ABANCA B Sara Álvarez foi citada pola selección española sub-17 para un partido amigable ante Alemaña en Salou (Tarragona), o vindeiro xoves 16 de xaneiro ás 11:00 horas.

O combinado nacional aproveitará este encontro para realizar unha concentración do luns 13 ao propio xoves 16 na citada localidade catalá.

Sara Álvarez incorporarase ao equipo nacional após disputar co Deportivo ABANCA B o domingo 12 de xaneiro o partido ante o CD Valladares en Vigo, correspondente á 14ª xornada no grupo 1º de Primeira Nacional.