RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

A Deportivo tumba ao Mallorca nunha gran segunda metade

O Deportivo tumbó esta tarde ao Mallorca (2-1) nunha gran segunda metade do conxunto deportivista, con Valerón como director de orquestra e coa afición apoiando de maneira decisiva ao equipo. Este resultado deixa o Dépor en déc

Pablo Álvarez, que entrou no carril dereito en lugar de Adrián; e Xisco na punta de ataque foron as grandes novidades no once inicial do Deportivo ante o Mallorca. Atrás, Manuel Pablo situouse na banda esquerda e Laure, na dereita, con Lopo e Colotto de centrais. Os dous mediocentros foron Rubén Pérez e Juan Rodríguez; con Antonio Tomás no banco. Lassad actuou de enganche.

O partido foi igualado na primeira metade, sen apenas ocasións de gol, ata que á media hora, o Mallorca dá o primeiro golpe. Webó cabecea á rede un bo centro de Martí desde a banda dereita do ataque deportivista. Non se merecía o Dépor ir por detrás no marcador.

Na xogada seguinte, o Deportivo trata de responder. Un bo centro de Gardado contrólao Pablo Álvarez, aínda que o colexiado do encontro anulara a acción por entender que o deportivista se axudou coa man. Polo si ou polo non, Aouate repele o chute de Pablo na área pequena.

Ese gol de Webó fixo que o partido se xogase como buscaba o Mallorca. O equipo balear plantouse firme atrás e optou pola velocidade nas contras para seguir inquietando a Aranzubía.

Na recta final do primeiro tempo, Gardado habilita un bo balón interior a Manuel Pablo, que lle gaña a acción ao defensor balear e desde a raia de fondo mete un pase da morte ao corazón da área. Pablo Álvarez, outra vez protagonista, é derrubado no forcejeo cun defensor rival. Teixeira Vitienes, colexiado do partido, deixa seguir a xogada ante o enfado do público e do once deportivista. Aranzubía viu por iso cartolina amarela e Gardado, este con a primeira metade xa finalizada.

O Deportivo, con Valerón como director de xogo, deulle a volta ao marcador na segunda metade. Deu un pase á fronte e, esporeado e acirrado pola bancada, remontou en media hora. Primeiro nunha gran acción de Valerón, que deixou a Xisco só ante Aouate e o deportivista bateuno por baixo. Un gol que rememorou aos do canteirán na primeira campaña de Lotina na Coruña.

O 2-1 foi obra de Lassad, que xutou cruzado raso e lonxe do alcance de Aouate un mal despexe de Nunes. Entre ambos, Riki substituíu a Xisco; á vez que Laudrup movía o seu banco coa entrada de Castro e Víctor Casadesús, que volvía aos terreos de xogo tras varias semanas lesionado. Adrián foi o último cambio deportivista, por Lassad.

O terceiro gol branquiazul puido vir en varias accións claras de ataque. Primeiro nun man a man de Riki que sacou Aouate a saque de esquina. O madrileño aproveitouse dun despexe longo de Laure. No córner, de novo Riki non chega por pouco ao centro ao segundo pau de Gardado, sobresaliente onte. De Adrián foi a seguinte. O dianteiro asturiano envía ao pau curto unha deixada de Riki na área. Puido ser a merecida puntilla.

O partido acabou con nervios polo apertado do marcador, non pola solvencia do Deportivo, e con Webó expulsado por unha agresión a Rubén Pérez nun boureo que se formou nunha das bandas.

Deportivo: Aranzubia; Laure, Lopo, Colotto, Manuel Pablo; Rubén Pérez, Juan Rodríguez; Pablo Alvarez (Valerón, m. 46), Lassad (Adrián, m. 79), Gardado; e Xisco (Riki, m. 55).

Mallorca: Aouate; Cendrós, Ramis (Rubén, m. 72), Nunes, Kevin; Martí, Joao Victor; Nsue, Tejera (Gonzalo Castro, m. 55), Pereira (Casadesús, m. 76); e Webó.

Goles: 0-1, min. 27: Webó;1-1, m. 55: Xisco; 2-1, m. 67: Lassad.

Árbitro: José Antonio Teixeira Vitienes, do Colexio Cántabro. Expulsou ao xogador do Mallorca Webó (min.90). Ademais, amoestou a Aranzubia, Gardado e Lassad por parte do Deportivo.