RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

A derrota do Fabril pecha o calendario de partidos oficiais esta semana en #ANOSACANTEIRA

Unicamente un equipo de #ANOSACANTEIRA ten partido oficial nesta semana Santa. O Fabril visitou ao Real Madrid Castilla hoxe xoves 18 de abril (1-0), en partido correspondente á 34ª xornada no grupo 1º de Segunda División B que foi adiantado á fin de semana.

Non haberá máis encontros oficiais nunha semana na que Abegondo festexa un novo título, o colleitado polo Infantil B no grupo 1º da Primeira Autonómica. O seu triunfo (9-3) da pasada xornada ante o Compañía de María e o empate do seu inmediato perseguidor, o Ural CF B fronte ao Once Caballeros CF (4-4), adiantaron o alirón branquiazul.

Así pois, a canteira do Dépor suma o seu cuarto título esta temporada tralos colleitados anteriormente polo Infantil A (Liga Galega, grupo norte), Alevín A (Primeira Comarcal A Coruña), Alevín B (Segunda Comarcal A Coruña) e Benxamín B (Segunda Comarcal A Coruña).

Iso si, durante estes días, salvo Xuvenil A, Cadete B e Infantil B, con descanso, todos os demais teñen torneo amigable: Deportivo ABANCA B (Trofeo Concello de Narón), Xuvenil B (Oviedo Cup), Cadete A (Torneo Cesaraugusta), Infantil A (Ibercup), Alevín A (Oviedo Cup), Alevín B (Ibercup), Benxamín A (Íscar Cup e Torneo Villa de Caldas) e Benxamín B (Mundialito en Cambrils).

A seguinte cita oficial será o partido do Alevín A correspondente á xornada da pasada fin de semana do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 nas Eiroas (Carballo) ante o EF Luis Calvo Sanz A, que se xogará finalmente este luns 22 de abril ás 17:00 horas.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, queda así:

Segunda División B
34ª xornada: REAL MADRID CASTILLA 1 - FABRIL 0
Clasificación: ... 15. Burgos CF e Las Palmas Atlético, 38 puntos; 17. Rápido de Bouzas, 35 puntos; 18. AD Unión Adarve, 33 puntos; 19. CDA Navalcarnero, 24 puntos; 20. Fabril (un partido máis), 20 puntos

Categoría feminina
Clasificación da Primeira Autonómica: 1. Deportivo ABANCA B, 74 puntos; 2. Viajes InterRías FF, 70 puntos...

Categoría xuvenil
Clasificación da Liga Nacional: ... 2. CD Calasanz, 64 puntos; 3. Xuvenil B, 55 puntos; 4. CD Conxo Santiago e Victoria CF, 53 puntos; 6. CD Areosa, Porriño Industrial CF e Pabellón Ourense CF, 47 puntos...

Categoría cadete
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 81 puntos; 2. Cadete A, 74 puntos; 3. Ural CF, 60 puntos...

Clasificación da Liga Galega, grupo norte: ... 2. ED Xuventude de Oroso, 70 puntos; 3. Cadete B, 59 puntos; 4. Racing Villalbés, 54 puntos...

Categoría infantil
Clasificación da Liga Galega, Fase polo Título: 1. Infantil A, 39 puntos; 2. RC Celta, 34 puntos; 3. Bertamiráns FC, 30 puntos...

Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B (xa campión), 79 puntos; 2. Ural CF B, 79 puntos...

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, 9ª xornada: EF LUIS CALVO SANZ A - ALEVÍN A, o luns 22 de abril ás 17:00 nas Eiroas (Carballo)
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte: 1. Victoria CF A, 27 puntos; 2. CD Calasanz A, 22 puntos; 3. Ural CF A (un partido menos), 21 puntos; 4. Alevín A (un partido menos), 19 puntos; 5. EF Luis Calvo Sanz A (un partido menos), 15 puntos...

Clasificación da Segunda Fase da Segunda Comarcal: 1. Alevín B, 24 puntos; 2. Ural CF C, 21 puntos; 3. CD Calasanz C e Atlético Coruña Montañeros CF C, 15 puntos...

Categoría benxamín
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, 54 puntos; 2. CD Calasanz A, 52 puntos; 3. Victoria CF A, 48 puntos...

Clasificación da Segunda Fase, grupo 1º A Coruña: 1. Benxamín B, 27 puntos; 2. CD Calasanz B, 21 puntos...