RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A dobre sesión de hoxe e o protocolo de LaLiga sextuplican o traballo do corpo técnico branquiazul

A dobre sesión de hoxe mércores en Abegondo e o protocolo de adestramentos en grupos previstos na Fase 3 por LaLiga sextuplicaron o traballo de Fernando Vázquez e os seus colaboradores.

Os técnicos branquiazuis saltaron ao céspede co primeiro grupo da mañá ás 09:30 horas e retiráronse ás 20:30 horas co último grupo da tarde.

Así pois, Fernando Vázquez dirixiu 3 adestramentos pola mañá de case hora e media de duración para os 3 grupos de futbolistas nos que se divide o cadro esta semana; e outras 3 sesións, de pouco máis dunha hora cada unha, para os mesmos grupos pola tarde.

A matinal, após un quecemento, houbo un circuíto físico e tarefas técnicas no campo 2, con roldo, finalizacións... Na vespertina, despois dunha serie de exercicios con balón, os futbolistas realizaron un traballo físico de resistencia.

Están á marxe, ademais de Somma, Bóveda, Mujaid e Hugo Vallejo, este con adestramento específico no ximnasio.

Mañá xoves, o Dépor adestrarase só de mañá e en 3 quendas: 09:30, 10:40 e 11:45 horas.