RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A Escola RC Deportivo abrirá as súas portas por primeira vez en Ferrol, en Caranza

A Escola RC Deportivo abrirá as súas portas por primeira vez na localidade de Ferrol, concretamente en Caranza.

A sede do club Galicia de Caranza acolleu este martes día 29 a presentación do acordo. Kike Soto, presidente do Galicia de Caranza, e Pablo Barros, coordinador das actividades formativas da Fundación RC Deportivo, representaron no acto ás partes implicadas.

As inscricións xa se atopan abertas, para nenos e nenas entre os 6 e os 14 anos, na web escola.rcdeportivo.es/gl/. A Escola RC Deportivo de Caranza, terá 3 quendas dispoñibles, os mércores de 16:30 a 17:30, de 17:30 a 18:30 ou de 18:30 a 19:30 horas, coa opción de poder adestrar unha ou dúas horas á semana.

No mes de outubro comezarán as clases, que levarán a cabo durante toda a temporada até xuño. As prazas son limitadas e aplicarase un protocolo de medidas hixiénico-sanitarias especial fronte á COVID-19.

A Fundación Real Club Deportivo pon en marcha, por terceira temporada consecutiva, esta actividade na que se preparan contidos complementarios ao traballo que os xogadores e xogadoras desenvolven nos seus clubs, aproveitando para profundar no coñecemento e adestramento do fútbol, formándose baixo a supervisión dos adestradores da canteira do Real Club Deportivo.

Para calquera outra dúbida ou aclaración, pódese contactar coa dirección da Escola en escola@rcdeportivo.es ou no número de teléfono 981 25 95 00.