RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A Escola RC Deportivo Bertamiráns xa é unha realidade

O campo de fútbol municipal de Ames acolleu hoxe luns a presentación do acordo entre o Real Club Deportivo e o Bertamiráns FC. Rafael Budiño (presidente Bertamiráns FC), Sergio Pernas (director deportivo do club), Fran González (director de fútbol base do RC Deportivo) e Pablo Barros (coordinador das actividades formativas da Fundación RC Deportivo) representaron no acto a todas as partes involucradas no proxecto. Os xogadores e as xogadoras alevíns e benxamíns do club puideron manter unha charla con Fran, que respondeu a todas as preguntas dos participantes.

As inscricións xa se atopan abertas, para nenos e nenas entre os 6 e os 14 anos, na web escola.rcdeportivo.es/gl/. A Escola RC Deportivo de Bertamiráns terá dúas quendas dispoñibles, os martes de 16:30 a 17:30 ou de 17:30 a 18:30 horas, coa opción de poder adestrar unha ou dúas horas á semana.

As clases levaranse a cabo durante toda a temporada até xuño e a participación mínima é un mes. As prazas son limitadas e aplicarase un protocolo de medidas hixiénico-sanitarias especial fronte á COVID-19.

A Fundación Real Club Deportivo mantén activa, por terceira temporada consecutiva, esta actividade na que se preparan contidos complementarios ao traballo que xogadores e xogadoras desenvolven nos seus clubs, aproveitando para profundar no coñecemento e adestramento do fútbol, formándose baixo a supervisión dos adestradores da canteira do Real Club Deportivo.

Para calquera outra dúbida ou aclaración, pódese contactar coa dirección da Escola en escola@rcdeportivo.es ou no número de teléfono 981 25 95 00.