RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A Escola RC Deportivo botou o peche ao seu primeiro trimestre do curso 2021-2022

Entre o venres 17 e o mércores 22 de decembro concluíron as clases do primeiro trimestre da Escola RC Deportivo nas diferentes sedes de Alvedro, Outes, Cee e Eirís.

Durante este primeiro trimestre do curso 2021-2022 participaron máis de 130 nenos e nenas na Escola RC Deportivo. Os adestradores da canteira do Real Club Deportivo puideron dirixir e organizar as sesións de adestramento para todos os participantes.

En cada clausura todos os xogadores e xogadoras recibiron o seu primeiro boletín informativo cunha pequena avaliación inicial en función aos fundamentos técnicos traballados, os erros e fortalezas detectados e a análise en vídeo realizada a cada participante. Sobre este boletín continuarase o traballo e a formación no segundo trimestre.

Os adestramentos comezarán de novo a semana do 10 de xaneiro. Ademais, ese día arrancará tamén a nova Escola RC Deportivo no Colexio Jesuitinas, segundo centro educativo que se suma ao proxecto.

As inscricións atópanse permanentemente abertas para calquera neno ou nena que desexe participar independentemente do seu nivel de práctica ou experiencia en fútbol. A participación mínima é dun mes. A inscrición pódese realizar na web escola.rcdeportivo.es/gl, onde ademais se pode consultar toda a información relacionada coa Escola RC Deportivo.

A Fundación RC Deportivo desexa agradecer a todas as familias participantes, clubs e centros colaboradores o desenvolvemento da actividade que leva a cabo baixo un estrito protocolo de hixiene e seguridade fronte ao COVID-19.

Para calquera consulta coa matrícula ou a súa inscrición, así como solicitar información da actividade. os interesados poden contactar no correo escola@rcdeportivo.es.