RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

A España de Nuria Rábano supera a Xapón, unha das favoritas

- Foto: @SeFutbolFem -

A dianteira do Deportivo ABANCA Nuria Rábano está concentrada coa selección española sub-20, na Copa do Mundo da categoría, que se celebra na Bretaña francesa.

A segunda cita de España foi hoxe xoves 9 de agosto fronte a Xapón no estadio Guy-Piriou (Concarneau).

O combinado nacional superou (1-0) ás nipoas grazas a un gol de Carmen Menayo ao cuarto de hora de xogo. Repítese así o mesmo resultado entre os dous equipos do pasado Mundial, celebrado en Papúa Nova Guinea.

Do mesmo xeito que o pasado luns ante Paraguai, hoxe Nuria Rábano seguiu o choque desde o banco e non chegou a saltar ao terreo de xogo.

O vindeiro luns, España, con 6 puntos de 6 posibles, xógase o pase a cuartos de final ante Estados Unidos, ás 13:30 horas no estadio Clos Gastel (Dinan/Léhon). As norteamericanas contan con 3 puntos, do mesmo xeito que as xaponesas.

O calendario de España no grupo C, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Luns 6 de agosto
PARAGUAI 1 - ESPAÑA 4

Xoves 9 de agosto
ESPAÑA 1 - XAPÓN 0

Luns 13 de agosto
13:30: ESPAÑA - ESTADOS UNIDOS, no estadio Clos Gastel (Dinan/Léhon)

Os dous primeiros de cada grupo avanzan ás eliminatorias, que comezan en cuartos de final.