RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

A estrea de Luisito e o dobre derbi ante o RC Celta, o máis destacado na xornada de #ANOSACANTEIRA que arranca mañá

A estrea de Luisito no banco do Fabril, este domingo (12:00 en Abegondo), nun partido crucial para a salvación; e o dobre derbi (Xuvenil B e Cadete A) do sábado 9 de febreiro en Vigo ante o RC Celta (16:30 e 18:30 respectivamente), ademais co título da División de Honra cadete en xogo, son os partidos máis destacados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

O Alevín B arrinca a xornada mañá xoves 7 de febreiro. Visita ao ED Luis Calvo Sanz C (18:30, As Eiroas) en partido adiantado á xornada 2ª, que se xoga o sábado 16 de febreiro.

En Segunda División B, o Fabril de Luisito recibe ao Burgos CF (domingo ás 12:00), equipo que agora mesmo ocupa a praza que daría dereito a disputar a promoción de descenso a Terceira División. Unha final ante un rival directo.

Para este encontro, os socios teñen libre acceso. O público paga 10 euros; e 3 euros os menores de 16 anos.

Tamén xogan en Abegondo o Xuvenil A (domingo ás 17:00) e o Cadete B (sábado ás 11:30). Nestes dous encontros, os socios teñen libre acceso; e o público paga 3 euros.

Pola súa banda, compiten na Coruña, ademais dos citados Xuvenil B e Cadete A en Vigo, o Infantil A (ante o Ural CF) e o Infantil B (ante o Atlético Coruña Montañeros CF B). Serán respectivamente o domingo 10 ás 10:15 e o sábado 9 ás 20:00 no campo da Leyma.

En categoría alevín, o Deportivo A inicia o Trofeo Luis Calvo de fútbol 11 no grupo norte. O seu primeiro rival será o Atlético Coruña Montañeros CF, en Abegondo o domingo 10 de febreiro (10:30 horas). O formato de competición é de liga a unha soa volta. O campión do grupo norte xogará no mes de maio a final no campo das Eiroas de Carballo contra o campión do grupo sur.

Tamén o Benxamín B ponse en marcha na Segunda Fase do grupo 1º A Coruña. O seu primeiro rival é o AD Peñarredonda A.

Toca descanso esta semana para o Deportivo ABANCA B.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
24ª xornada: FABRIL - BURGOS CF, o domingo 10 de febreiro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: ... 15. RC Celta B; 16. Burgos CF, 26 puntos; 17. AD Unión Adarve, 23 puntos; 18. CDA Navalcarnero e Rápido de Bouzas, 21 puntos; 20. Fabril, 14 puntos

Categoría feminina
Clasificación da Primeira Autonómica Feminina: 1. Deportivo ABANCA B, 53 puntos; 2. Viajes InterRías FF, 49 puntos...

Categoría xuvenil
23ª xornada: XUVENIL A - CD COVADONGA, o domingo 10 de febreiro ás 17:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: ... 4. CD Lugo, 40 puntos; 5. Real Oviedo, 36 puntos; 6. Xuvenil A e Ural CF, 35 puntos; 8. Atlético Perines e Bansander, 29 puntos...

22ª xornada: RC CELTA B - XUVENIL B, o sábado 9 de febreiro ás 16:30 na Madroa (campo 2)
Clasificación da Liga Nacional: ... 3. Victoria CF, 42 puntos; 4. Xuvenil B, 39 puntos; 5. CD Choco, 38 puntos; 6. CD Conxo Santiago, 36 puntos...

Categoría cadete
22ª xornada: RC CELTA - CADETE A, o sábado 9 de febreiro ás 18:30 na Madroa (campo 1)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 57 puntos; 2. Cadete A (un partido menos), 53 puntos; 3. Ural CF, 44 puntos...

22ª xornada: CADETE B - BERGANTIÑOS CF B, o sábado 9 de febreiro ás 11:30 en Abegondo
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: ... 4. Galicia de Caranza, 36 puntos; 5. CD Calasanz B, Cadete B e Bergantiños CF B, 35 puntos; 8. CF Dumbría, 33 puntos...

Categoría infantil
5ª xornada: URAL CF - INFANTIL A, o domingo 10 de febreiro ás 10:15 no campo da Leyma (A Coruña)
Clasificación da Fase polo Título da Liga Galega: 1. Infantil A, 12 puntos; 2. Bertamiráns FC, Ourense CF e Pabellón Ourense CF, 10 puntos...

24ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF B - INFANTIL B, o sábado 9 de febreiro ás 20:00 horas no campo da Leyma (A Coruña)
Clasificación da Primeira Autonómica: 1. Infantil B, 69 puntos; 2. Ural CF B, 61 puntos...

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo, grupo norte, 1ª xornada: ALEVÍN A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, o domingo 10 de febreiro ás 10:30 en Abegondo (campo 7)

Segunda Fase da Segunda Comarcal A Coruña, 2ª xornada: ED LUIS CALVO SANZ C - ALEVÍN B, mañá xoves 7 de febreiro ás 18:30 nas Eiroas (Carballo)

Categoría benxamín
12ª xornada: OZA JUVENIL SD A - BENXAMÍN A, o sábado 9 de febreiro ás 12:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, 29 puntos; 2. CD Calasanz A, 28 puntos; 3. Victoria CF A, 26 puntos...

Segunda Fase, grupo 1º A Coruña, 1ª xornada: BENXAMÍN B - AD PEÑARREDONDA A, o sábado 9 de febreiro ás 10:30 na Torre (campo 1.2)