RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

A falta de puntaría frea ao Xuvenil A en Oviedo

O Xuvenil A tróuxose un punto de Oviedo (1-1), en partido da 2ª xornada no grupo 1º da División de Honra.

O resultado do encontro puido ser outro moi distinto, pero a falta de puntaría freou aos branquiazuis sobre todo na segunda metade, na que dispuxeron de até 6 oportunidades claras de marcar. Armas, desde o punto de penalti, foi o autor do único tanto para os pupilos de Javier Álvarez.

Con este resultado, o Xuvenil A suma 4 puntos de 6 posibles.

Xuvenil A: Pablo Brea, Iván, Valín, Guillem, Carlos, Prendes, Isra, Armas, Álex, Jorge e Julián. Tamén xogaron: César, Íñigo e Óscar.

O vindeiro domingo 16 de setembro, o Xuvenil A recibe en Abegondo ao Ural, a partir das 19:00 horas.

Os resultados do Xuvenil A en liga son os seguintes:

Xuvenil A 5 (Prendes -2-, Armas, Álex e Íñigo) - Atlético Perines 0
Oviedo 1 - Xuvenil A 1 (Armas)