RCD / NOVAS

A Federación Española acorda a finalización da liga Nacional, co Xuvenil B como subcampión

20/05/2020 18:24

A Federación Española de Fútbol acordou na súa Comisión Delegada a finalización do grupo 1º da liga Nacional, no que competiu o Xuvenil B.

O conxunto que dirixe Jaime Sánchez concluíu como subcampión de liga con 52 puntos, só superado polo RC Celta B, con 64 puntos.

Os branquiazuis, que foron de menos a máis na liga, gañaron 17 partidos, empataron 1 e caeron en 6. En total anotaron 70 dianas e encaixaron 29.