RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A Federación Española fixa o 18 de outubro como data de inicio da Primera Iberdrola para o Dépor ABANCA

O Dépor ABANCA comezará a súa segunda tempada na Primera Iberdrola o próximo 18 de outubro, segundo acaba de aprobar hoxe a Comisión de Presidentes Autonómicos, ratificada posteriormente pola Comisión Xestora da Real Federación Española.

Iso si, esa data pode variar por acordo unánime dos clubs, nunha data que sería nunca antes do 4 de outubro e previa ratificación do protocolo a cargo das autoridades sanitarias.

A Primera Iberdrola confórmana un total de 18 equipos e 34 xornadas de competición.

As rivais do conxunto que prepara Manu Sánchez son: FC Barcelona, Real Madrid CF, Atlético de Madrid Femenino, Valencia CF Femenino, Levante UD, Sevilla FC Femenino, Real Betis Féminas, RCD Espanyol Femenino, SD Eibar, Sporting Club de Huelva, Real Sociedad, Athletic Club, Madrid CFF, UD Granadilla Tenerife, Liberbank Santa Teresa Badajoz, Rayo Vallecano e EDF Logroño.