RCD / NOVAS

A Federación Española fixa o 4 e 5 de setembro para o inicio da Tercera RFEF, na que competirá o Fabril

01/07/2021 18:33

A Federación Española de Fútbol anunciou que a primeira fin de semana do mes de setembro, sábado 4 e domingo 5, arrancará a Tercera RFEF, categoría na que competirá o Fabril.

A falta da confirmación dos equipos do grupo correspondente a Galicia e do calendario, a cargo da Federación Galega, a última xornada de 2021 xogarase o 19 de decembro. Tralo parón do Nadal, a liga retomarase o 9 de xaneiro de 2022, quedando fixado o final da primeira fase para o 1 de maio. A partir de aí, e até o 22 de maio, xogaranse os diferentes playoff de ascenso.