RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A Federación Española marca a finais de outubro o arranque das competicións xuvenís

A Real Federación Española de Fútbol, por decisión unánime da Comisión de Presidentes Autonómicos e ratificada posteriormente pola Comisión Xestora, fíxase nos últimos días do mes de outubro para o inicio das competicións estatais de xuvenís.

En #ANOSACANTEIRA, o Xuvenil A que prepara Óscar Gilsanz, representante branquiazul na División de Honra, arrincou a súa pretemporada o pasado 12 de agosto.

Ese mesmo día, 12 de agosto, iniciou o traballo o Xuvenil B de Liga Nacional que dirixe Álex Antón, e no que se acaba de incorporar Aldo Duscher ao seu corpo técnico.