A Federación fixa para o 10 ou 11 de setembro o inicio de liga para o Dépor ABANCA B
O Deportivo ABANCA B comezará a temporada en Primeira Nacional o vindeiro sábado 10 ou domingo 11 de setembro e concluirá o 14 de maio de 2023, segundo fixo público a Federación Española.
O filial feminino únese así á lista de equipos de #ANOSACANTEIRA que tamén coñecen a data de arranque das súas respectivas competicións. Son os seguintes:
-Fabril (Terceira RFEF): Sábado 10 ou domingo 11 de setembro
-Orzán SD Xuvenil Feminino (Primeira División Galega): Sábado 10 ou domingo 11 de setembro
-Xuvenil B (Liga Nacional): Sábado 10 ou domingo 11 de setembro
-Cadete (División de Honra): Sábado 10 ou domingo 11 de setembro
-Infantil (División de Honra): Sábado 17 ou domingo 18 de setembro