RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

A Federación fixa para o domingo 13 ás 12:00 #ONOSODERBI entre Xuvenil B e RC Celta B que pon fin á Liga Nacional

O Xuíz Único de Competición da Federación Galega de Fútbol fixou para o domingo 13 de xuño ás 12:00, en horario unificado, a 5ª e última xornada da segunda fase da Liga Nacional, grupo 1C de ascenso. Nesta última cita en Abegondo, Xuvenil B e RC Celta B poderían xogarse o título da categoría.

Iso si, se o Xuvenil B imponse na 4ª xornada (penúltima), ao Coruxo FC no campo de Fragoselo (Vigo) este sábado 5 de xuño ás 13:00 horas, sería xa virtualmente campión e obrigaría ao RC Celta B a gañar de goleada en Abegondo para superar na clasificación aos branquiazuis.

Deportivistas e célticos marchan igualados á fronte da táboa con 58 puntos, aínda que os pupilos de Alejandro Antón e Aldo Duscher teñen pendente o citado encontro ante o Coruxo FC.