RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A Federación Galega fixa o mes de outubro para o inicio da liga en Terceira División

A Real Federación Galega de Fútbol fixa o mes de outubro para o inicio da competición na Terceira División, "sempre que o permitan as autoridades sanitarias".

Ademais, os reitores do fútbol galego apuntan que dous equipos ascenderán directamente a 2ªB e un terceiro xogará unha promoción con equipos doutras federacións territoriais.

A Federación fixo pública esta semana unha proposta para a categoría, que quedaría dividida en 2 grupos de 12 equipos de acordo ao criterio de proximidade xeográfica.

Desta forma, o Fabril, encadrado no grupo norte (provincias da Coruña e Lugo), tería estes 11 rivais: Silva SD, UD Paiosaco, Bergantiños FC, SD Fisterra, Vista Alegre Estudantil, CSD Arzúa, CD As Pontes, UD Somozas, Viveiro CF, Racing Villalbés e Polvorín FC.

O filial adestrarase en Abegondo até o venres e descansa a fin de semana

O filial deportivista, con Juan Carlos Valerón ao mando, arrincou onte 12 de agosto en Abegondo os adestramentos de pretemporada.

O filial traballa até mañá venres en horario matinal na Cidade Deportiva e terá descanso a fin de semana.