RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A Federación Galega impulsa a División de Honra Infantil para a temporada 2022-23 á que aspira o Dépor

A Federación Galega impulsou a creación da División de Honra infantil para a temporada 2022-23, que afectará pois á competición desta campaña 2021-22 da Liga Galega.

O Infantil do Deportivo quedou encadrado esta temporada no subgrupo B norte da Liga Galega. Os rivais iniciais do conxunto branquiazul son os seguintes: Racing de Ferrol, Galicia Caranza, SDCR Narón O Freixo, SD O Val, SDC Residencia, CD Castro, SD Viveiro, CD Lugo, Ural Español CF, San Tirso SD e Oza Juvenil SD.

Nesta primeira parte da competición, o formato será de liga todos contra todos en cada subgrupo, a dobre volta. En total son pois 22 xornadas. O cinco primeiros xogarán a Fase de Ascenso á División de Honra e Título co cinco primeiros clasificados do subgrupo B norte. O resto disputará unha Fase pola Permanencia.

Na Fase polo Ascenso á División de Honra e Título, o formato será de liga a dobre volta pero só contra o cinco equipos clasificados do subgrupo B norte, cun total de dez xornadas. O primeiro de cada subgrupo da primeira fase arrinca esta segunda parte da competición con cinco puntos; os segundos con tres; os terceiros con dous; os cuartos clasificados cun; e os quintos con cero puntos. Ao concluír esta segunda fase, o oito primeiros ascenderán á recentemente creada División de Honra para a temporada 2022-23. A maiores, os dous primeiros xogarán as semifinais contra os dous primeiros do grupo sur, a partido único en casa do mellor clasificado. A final para decidir o campión da Liga Galega será nunha sede que ditaminará a Federación.

No Grupo pola Permanencia, os equipos clasificados do 6º ao 12º na primeira fase quedarán divididos en tres novos subgrupos (D1, D2 e D3) de cinco equipos cada un. O formato será de liga a dobre volta todos contra todos. Os sextos clasificados de cada subgrupo da primeira fase comezan agora con sete puntos; os sétimos con seis; os oitavos con cinco; os novenos con catro; os décimos con tres; os undécimos con dous; os duodécimos cun; e o décimo terceiro con cero puntos. O último clasificado do subgrupo D1, D2 e D3 descenderá a Primeira Autonómica, do mesmo xeito que o peor penúltimo deste tres subgrupos.