RCD / NOVAS

A Federación Galega premia na Gala do Fútbol Galego a Guilherme, ao Fabril, ao Dépor Abanca e ao Infantil A

20/06/2017 11:18

A Federación Galega de Fútbol, no marco da Gala do Fútbol Galego 2017, premiará este xoves 22 de xuño a varios membros do RC Deportivo.

Así, o futbolista Guilherme, que acaba de asinar contrato por catro temporadas, recibirá o premio Galicia en Goles ao mellor xogador do Dépor a campaña pasada.

Ademais, o Fabril recollerá o premio ao campión de Terceira División; o Deportivo Abanca, ao mellor equipo feminino; e o Infantil A, ao campión do grupo norte da Liga Galega.

A Gala arrancará ás 20:15 horas na Sala Santiago do Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia.

Máis novas de: GUILHERME

RCD / Noticias Relacionadas