RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

A fin de semana en #ANOSACANTEIRA péchase con pleno de triunfos hoxe domingo

Pleno de triunfos en #ANOSACANTEIRA hoxe domingo, co que se pon fin á xornada da fin de semana. Venceron todos os equipos que entraron en xogo: Fabril, Deportivo ABANCA B, Xuvenil A, Xuvenil B, Cadete A, Infantil B e Alevín B.

En Segunda División B, o Fabril superou (2-0) á Ponferradina en Abegondo. Para o filial todo foron boas noticias: achégase ao liderado, recupera o olfacto goleador de Luis Fernández e a xogadores como Carlos López, ausentes durante varias xornadas por lesión.

Tamén gañaron hoxe domingo o Deportivo ABANCA B (1-4 en Boiro); o Xuvenil A (6-0); o Xuvenil B e o Cadete A (1-4 e 1-2 respectivamente en Santiago); e o Alevín B (0-15 na Torre).

O derbi polo título galego infantil entre o Celta e o Infantil A foi o encontro máis destacado. O partido xogouse na Madroa (Vigo) onte sábado e os tres puntos foron para os celestes (4-1).

Na Cidade Deportiva víronse as caras o Infantil B e o Orillamar, co liderado do grupo 1º da Primeira Autonómica en xogo. Nesta ocasión gañou o Dépor (5-2), e recupera así a primeira posición coa que se presentou ao choque o 'Orilla'.

A xornada arrancou o pasado venres 16 de febreiro en San Tirso, co segundo partido do Alevín A, e segundo triunfo (0-6), no grupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol once.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Segunda División B
26ª xornada: FABRIL 2 (Diego Caballo e Luis Fernández) - PONFERRADINA 0

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 20ª xornada: EFM CONCELLO DE BOIRO 1 - DEPORTIVO ABANCA B 4 (Alba Suárez, Alba Martínez, Michelle e Carlota)

Categoría xuvenil
División de Honra, 24ª xornada: XUVENIL A 6 (Pedro -3-, Porrúa e Boedo -2-) - LUGO 0

Liga Nacional, 23ª xornada: COMPOSTELA 1 - XUVENIL B 4 (Kilian, Julián -2- e un futbolista rival en propia meta)

Categoría cadete
División de Honra, 23ª xornada: SANTIAGO DE COMPOSTELA 1 - CADETE A 2 (Juanma e Concheiro)

Liga Galega, grupo 1º, 23ª xornada: CADETE B 5 (Hugo -3-, Rares e Buján) - RACING VILLALBÉS 4

Categoría infantil
Liga Galega, Fase polo Título, 6ª xornada: CELTA 4 - INFANTIL A 1 (Álex González)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 25ª xornada: INFANTIL B 5 (Barral, Trigo -2- e Dani -2-) - ORILLAMAR 2

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, 2ª xornada: SAN TIRSO A 0 - ALEVÍN A 6 (Hugo -2-, David, Héctor, Pablo e Álvaro)

Segunda Fase, grupo 1º, 4ª xornada: CALVO SOTELO 0 - ALEVÍN B 15 (Dani -4-, Eli -3-, Xenxo -3-, Marcos -2-, Erick, Bruno e David)

Categoría benxamín
Segunda Fase da Primeira comarcal, 7ª xornada: BENXAMÍN A 13 (Raúl -3-, Yago -2-, Íker -2-, Pablo, Mosquera, Diego, Anxo, Nico e Guille) - ORILLAMAR A 0

Segunda Comarcal A Coruña, 15ª xornada: BENXAMÍN B 3 (Ioan, Uxío e Pablo) - VICTORIA C 2