RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

A final de Copa entre Deportivo ABANCA B e Valladares xógase este domingo ás 17:00 en Santiago

A final da Copa Galega de Primeira Autonómica entre o Deportivo ABANCA B e o CCAR Valladares xogarase este domingo 17 de xuño ás 17:00 horas no campo Municipal do Sergas en Santiago de Compostela. A entrada será gratuíta para todos os afeccionados.

O choque enfrontará ao campión de liga na Primeira Autonómica, o Valladares, co segundo clasificado, o Deportivo ABANCA B.

Precisamente esta temporada no campionato da regularidade, os partidos entre ambos os equipos foron moi igualados: 1-0 en Vigo na primeira volta da liga; e 0-0 en Ponte dos Brozos (Arteixo) na segunda parte da competición.

En Copa, o Deportivo ABANCA B apeou nas semifinais ao Victoria CF B (4-0 en Abegondo e 1-4 na Torre); mentres que o CCAR Valladares fixo o propio co Atlético Arousana (2-3 en Vilagarcía e 1-0 en Vigo).