RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A Fundación RC Deportivo e Kappa doan material aos refuxiados ucraínos en tres concellos de Ourense

A Fundación RC Deportivo e Kappa realizaron a entrega este mediodía, no Estadio ABANCA-RIAZOR, de material deportivo do Club destinado aos refuxiados ucraínos nos concellos ourensáns de San Xoán de Río, Pobra de Trives e Manzaneda. O tres municipios están a ultimar a posta en marcha dunha Escola Comarcal de Fútbol na que participarán non só as nenas e nenos nados neles senón varias decenas de mozos ucraínos que viven nestas localidades desde o inicio da invasión.

A Fundación RC Deportivo e Kappa quixeron colaborar con esta iniciativa achegando material deportivo para os máis pequenos, que ademais tiveron a oportunidade hoxe de coñecer o Estadio ABANCA-RIAZOR, a cidade da Coruña e a Casa dos Peixes. Á fronte da expedición atopábase José Miguel Pérez Blecua, alcalde de San Xoán de Río, que encabeza este proxecto de acollida de refuxiados.

Eduardo Blanco en nome do consello de administración do RC Deportivo e da súa Fundación; e Fran González Pérez, exerceron como anfitrións neste día especial para estes case 60 refuxiados ucraínos en Ourense.