RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A Fundación RC Deportivo pon en marcha o I DéporCampus Cabreiroá Genuine en Abegondo

A principal actividade social do RC Deportivo e a súa Fundación cada ano, os Dépor Campus Cabreiroá, dan un paso adiante grazas ao impulso da Fundación RC Deportivo ao pór en marcha a I edición do Dépor Campus Cabreiroá Genuine Abegondo coa finalidade de seguir traballando por unha sociedade máis igualitaria e integradora. Así, a Fundación segue impulsando a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentables, concretamente o ODS 10 (redución das desigualdades) e o ODS 3 (saúde e benestar).

A actividade terá lugar do 27 de xuño ao 1 de xullo nas instalacións da Cidade Deportiva branquiazul, na que esa semana convivirán cos demáis participantes da primeira quenda de campus deportivista. No I Dépor Campus Cabreiroá Genuine poderán participar até 16 nenos e nenas de 10 a 14 anos con Discapacidade Intelectual.

Toda a información da actividade está dispoñible na web oficial dos DéporCampus Cabreiroá na ligazón http://deporcampus.rcdeportivo.es/es/genuine-2022/inicio.

A data límite de inscrición para poder participar nesta actividade é o xoves 23 ás 12:00 h. É importante destacar que cubrir o formulario non garante a participación na actividade, soamente é unha preinscrición. A dirección poñerase en contacto cos 16 participantes seleccionados de entre todas as solicitudes recibidas para completar a súa inscrición e realizar o pago.