RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

A IV Liga Social Ciudad de A Coruña - RC Deportivo arrancará o vindeiro luns

Esta mañá presentouse a cuarta edición da Liga Social Ciudad de A Coruña coordinada desde a Real Institución Benéfico-Social Padre Rubinos, que en 2018 cumprirá 100 anos de existencia.

Este ano súmanse ao proxecto 9 entidades sociais da cidade da Coruña. Nesta cuarta edición, a competición contará coa colaboración, un ano máis, do Concello da Coruña e o Real Club Deportivo.

A competición, que se desenvolve ata o 3 de xuño de 2018, arrinca o vindeiro luns, 23 de outubro de 2017. Ás 16:00 horas no Pavillón de Cocheras (As Roseiras) arrancará o campionato co primeiro encontro, cuxo saque de honra realizarano as futbolistas venezolanas do Dépor ABANCA Kika e Gaby.

Os equipos participantes serán os correspondentes ás seguintes entidades sociais: Aspronaga, Adcor, Ápem, Fundación Secretariado Gitano, Cáritas Diocesana de Santiago, CASCO, Aclad, Accem e Real Institución Benéfico-Social Padre Rubinos.