RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

A lotería dos penaltis acaba coa traxectoria do Fabril na Copa Deputación

O Fabril caeu en Cerceda nos cuartos de final da Copa Deputación na lotería da quenda de penaltis. Os locais estiveron máis acertados que os branquiazuis desde o once metros: 4-3. Ao final do tempo regulamentario chegouse con empate (1-1) nun choque igualado. Uxío anotou o único tanto fabrilista do encontro, nos minutos iniciais. Na segunda metade o Cerceda igualou a contenda.

Fabril: Álex Cobo, Blas, One, Raúl González, Lucas, Gandoy, Luismi, Queijeiro, Uxío, Martín e Borja Galán. Tamén xogaron: Carracedo, Ricardo, Jiménez, Quique Fornos, Carlos López, Romay e Porrúa.

O de onte foi o segundo partido consecutivo que se lle escapa ao Fabril na quenda de penaltis, posto que o pasado martes, o Real Madrid Castilla gañou o Trofeo Manolo Martín no Estadio ABANCA-RIAZOR tamén desde os lanzamentos de penas máximas.

O calendario de partidos de preparación do Fabril xa confirmados é o seguinte:

23 de xullo, torneo '3 en 1' en Viveiro:
Viveiro 0 - Fabril 4 (Uxío -2-, Gaizka e Porrúa)
Fabril 1 (Queijeiro) - Somozas 0
25 de xullo: Laracha 1 - Fabril 1 (Martín)
30 de xullo: SD Compostela 1 - Fabril 1 (Pedro). A penaltis: 8-9
2 de agosto, dezaseisavos de final da Copa Deputación da Coruña: Laracha 0 - Fabril 2 (Martín e Pedro)
6 de agosto, oitavos de final da Copa Deputación da Coruña: Miño 1 - Fabril 3 (One e Uxío -2-)
8 de agosto, Trofeo Manolo Martín: Fabril 1 (Queijeiro) - Real Madrid Castilla 1. A penaltis: 2-4
10 de agosto, cuartos de final da Copa Deputación: Cerceda 1 - Fabril 1 (Uxío). A penaltis: 4-3