RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

A mala fortuna en ataque frea a un Fabril que ante o Somozas non acusou as súas 6 baixas

A mala fortuna en ataque freou a un Fabril que mereceu máis (1-1) en Abegondo ante o UD Somozas.

O partido, correspondente á 8ª xornada no grupo 1º de Terceira División, puido ter un desenlace diferente se os fabrilistas aproveitasen algunhas das súas claras oportunidades, até 8, ou os seus 3 balóns aos paus.

Os de Luisito, a pesar das 6 baixas ben por lesión (David Sánchez) ou ben por estar citados co primeiro equipo (Gandoy, Bourdal, Javi Sánchez, Valín e Martí Vilà), foron superiores ao seu rival en moitas fases do partido.

Con este resultado, o Fabril suma 12 puntos e é 6º na táboa.

Fabril: Boian, Eimil, Reinoso, Mujaid, Parga, Kanoute, Aarón Sánchez, Novo, Mario Losada, Villares e Boumeddane. Tamén xogaron: Pidlepenets, Manu Mosquera e Pedro.

O vindeiro domingo 20 de outubro, tamén en Abegondo, o Fabril recibe ao Rápido de Bouzas.

Os resultados do Fabril até a data son os seguintes:

CD Choco 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Gandoy e Mario Losada) - Ourense CF 0
CD Arenteiro 0 - Fabril 0
Fabril 4 (Gandoy, Mario Losada -2- e Pedro) - Alondras CF 1
SD Compostela 2 - Fabril 0
Fabril 2 (Aarón e Parga) - CD Barco 3
Bergantiños CF 1 - Fabril 3 (Aarón Sánchez -2- e Pedro)
Fabril 1 (Mario Losada) - UD Somozas 1