RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A nova DéporTienda xa está en marcha na zona de moda e deporte de Marineda City

O Deportivo protagonizou a inauguración da nova zona de moda e deporte do centro comercial Marineda City, coa estrea dos novos equipamentos da man das fichaxes do equipo para a Temporada 2017-2018 e a posta de longo oficial da nova DéporTienda, hoxe mércores 2 de agosto.

Sidnei e Pedro Mosquera, xogadores do Dépor, e Estefi e Lía, xogadoras do Deportivo ABANCA, actuaron como padriños e madriñas, mentres que as novas incorporacións do primeiro equipo protagonizaron a presentación dos novos equipamentos.

O acto, ao que acudiron numerosos afeccionados, supuxo a inauguración oficial do corredor de moda e deportes de Marineda City, un espazo de máis 3.500 metros cadrados de extensión, situado na primeira planta do centro comercial. O centro do mesmo, que coincide coa DéporTienda, conta cun amplo espazo con pantallas xigantes no que o Club poderá efectuar presentacións e actos.

Posteriormente, realizouse a posta de longo das fichaxes branquiazuis (Francis Uzoho, Fede Cartabia, Carles Gil, Fede Valverde, Gerard Valentín, Zakaria Bakkali e Fabian Schär), que á súa vez presentaron os uniformes producidos por Macron para o curso 2017-2018. Os sete futbolistas tamén responderon ás preguntas da presentadora.

Desde ese momento puxéronse á venda, en exclusiva na DéporTienda de Marineda City, as primeiras unidades (talles S e M) do equipamento Faro, polo momento inédito para os afeccionados branquiazuis e estreado polo equipo ante o FC Porto o pasado domingo.

Os asistentes puideron conseguir as firmas de todos os xogadores presentes e entraron no sorteo de dous abonos para a Temporada 2017-2018.