RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A OAD deixa de estar en Correos para trasladarse provisionalmente aos despachos de billetes do Palacio dos Deportes

A Oficina de Atención ao Deportivista pecha as súas portas na que foi a súa localización durante este verán, a OP de Correos na Coruña, para trasladarse, de maneira provisional e até novo aviso, aos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor. Unha vez que as obras das cubertas do estadio ABANCA-RIAZOR finalicen, a OAD recuperará a súa localización habitual na avenida de La Habana.

O horario da Oficina de Atención ao Deportivista nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor será o habitual de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas, de luns a venres.

O Real Club Deportivo quere agradecer a Correos e ao persoal da súa Oficina Principal na Coruña a súa disposición para acoller o punto de relación do Club cos seus accionistas, socios e seguidores durante os últimos meses.