RCD / NOVAS

A OAD despacha entradas para o Oviedo-Dépor ABANCA até o xoves 20

17/12/2018 12:23

Desde hoxe luns 17, a Oficina de Atención ao Deportivista, situada xa na súa localización habitual da Avenida de La Habana, venderá localidades para o encontro da 13ª xornada do grupo 1 de Segunda División que o Deportivo ABANCA disputará ante o Real Oviedo.

O partido disputarase o sábado 22 no campo de El Requexón, en Oviedo, a partir das 11:45 horas.

O prezo de cada entrada é de 10 euros. Os afeccionados teñen até as 13:30 horas do xoves 20 para adquirilas.