RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

A Peña Deportivista Berberecho de Noia celebra mañá o seu 25 aniversario

A Peña Deportivistas Berberecho de Noia celebra as súas vodas de prata cunha gran festa que terá lugar mañá sábado 24 de marzo a partir das 19:30. A esa hora, na Sociedade Liceo da localidade coruñesa celebrarase un encontro de confraternidade entre a Peña e a propia Sociedade, coa presenza de directivos, xogadores e exjugadores do Deportivo. Após a recepción levarase a cabo unha entrega de obsequios aos asistentes, nun acto dirixido pola actriz Eva Iglesias.

Após o mesmo comezará a cea e posterior festa con varias actuacións musicais. Lucas Pérez, acompañado polo conselleiro Martín Pita, o delegado Juan Ángel Barros, a directora da área social, Gelines Romero e o oficial de ligazón coa afección, Juan Lagarda, será a representación do Club na celebración da peña deportivista.