RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

A piques de nacer en Corcubión un Club de Fans de Antonio Barragán

Primeiro Filipe, agora Barragán. Un grupo de afeccionadas encabezadas por Naiara Rei están a piques de fundar na localidade coruñesa de Corcubión un Club de Fans do novo lateral deportivista, autor de dous golazos na súa primeira tempada no Deportivo en P

Para iso, Naiara púxose en contacto co Club para que o futbolista dese a súa autorización. "Que me van a facer que...?", preguntou estrañado Barragán desde a concentración da Selección Española Sub-20 en Alcázar de San Juan. "Pois encantado da vida, pero non mo podo crer", comentou ao Deportivo o internacional branquiazul.
De momento, Naiara Rei ten xa en marcha unha páxina web con esta dirección:
http://groups.msn.com/antoniobarragan/homepage
. "Temos xa un quince socias pero esperemos que pronto sexamos máis", comenta.