RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

A primeira e última vez que chorei polo fútbol

Tendo en conta todo o que está caendo actualmente, non sóo en España, senón en todo o mundo, sería moi banal non falar da crise, as manifestacións, as eleccións, Fukushima, sería prácticamente unha aberraci&oacute

Ano 1992, alá por aqueles nos que tiña 9 anos, lembro estar nunha hamaca co meu pai no salón do noso primeiro piso (ou polo menos o primeiro no que eu estiven), a miña nai estaba na cociña, o meu pai e eu vendo o partido, se.... típica estampa... recoñézoo. Naquel vello salón un neno (actualmente 27 anos despois sigo séndoo) co seu pai (madridista acérrimo) vendo un Depor-Valencia. O Depor xogábase a liga, se gañaba era campión de liga, se non, o era o Barça. Último minuto de partido, penalti a favor do Depor. Eu, neno criado no catolicismo desde ben pequeno, infundado sobre todo pola miña nai, corrín ata a habitación dos meus pais a por un neno Jesus de cerámica que tiña. Estaba eufórico, nervioso, ansioso, porque se tirase ese penalti e que ese xesto me demostrase á miña curta idade que os equipos pequenos e a xente "pequena" en xeral pode conseguir grandes cousas. Bebeto, brasileiro e dianteiro do Depor daqueles anos escondeuse, e tocoulle tiralo a un central, Djukic, adestrador actual do Hercules. Recordo como encheu o peito de aire antes de botar a correr cara ao balón, o seguinte que lembro é un penalti desastrosamente tirado, unha parada do "gato Gonzalez" que celebrou coma se gañase a liga a Valencia (o cal me fai pensar que algo se gañaron....).
A seguinte imágen que lembro é que soltaba ao neno jesus no seu sitio (non fóra a rompelo....era sacro) e rompín a chorar, non se dicir canto tempo, pero si que se me fixo interminable. Non se se foi o feito de madurar ou este simple feito o que me fixo ser menos crente conforme pasan os dias.... o que si se é que o tempo acabou dándolle ao Depor (SuperDepor) esa liga e un par máis de trofeos que España lle debía.
Pois ben, 19 anos despois, cousas da vida, despois de ver en Alacante gañar ao Hercules de Djukic 1 a 0 ao Depor, volvémosnolo/volvémonolo a xogar todo contra a Valencia na última xornada. Pero non, non creais que é polo mesmo, bo hai cousas que non cambian, o campión de liga tamén neste caso é o Barcelona. Agora xogámonos o descenso (igual que outros 6 equipos).
Ás veces, pensando en economía e vendo determinadas cousas que pasan nun período de anos parece que todo este guiado por algún director de pouca sonada que tenta facer taquillazos a base de ciclos que se repiten (como o caso da crise en España) e que che fan mirar para atrás e lembrar momentos que poden ser amargos, ou doces, dependendo de quen mire.
Non coñecín en todos os anos da miña existencia a este equipo en segunda división e creo que me custaría moito encaixalo agora que xa estou crecidito. Foi un club ninguneado polos seus propios veciños, retiráronlles subvencións, apoio por parte da maioría colectivos galegos, e aínda asi puideron resistir.
No 1992 foi a primeira e última vez que chorei polo fútbol, e agora con 27 anos dígovos e espero que despois deste sabado siga sendo aquela esa última vez.