RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

#ANOSACANTEIRA vela armas para a estrea de 2018 deste domingo

A festividade dos Reis Magos, o sábado 6, fai que todos os partidos desta primeira xornada de liga de 2018 en #ANOSACANTEIRA xóguense o domingo 7, salvo o Infantil B, que pasa o seu ante o Atlético Arteixo ao mércores 10 ás 19:00 horas.

O Fabril-Fuenlabrada en Abegondo (12:00 horas) é o partido máis destacado. Fronte a fronte estarán na Cidade Deportiva, para abrir a segunda volta, os dous equipos máis fiables na primeira volta no grupo 1º da Segunda División B. Un triunfo fabrilista suporía recuperar o liderado en prexuízo dos madrileños, claros candidatos ao ascenso á Liga 1|2|3.

Gustavo Munúa, técnico fabrilista, citou a todo o seu persoal. Causan baixa por lesión: Luismi, Carlos López, Jardel, Queijeiro, Luís Fernández e Bicho; ademais de One, citado por Cristóbal para viaxar co primeiro equipo a Vila-Real.

Como é habitual, os socios teñen libre acceso a Abegondo. Para o público, a entrada sénior costa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

En Abegondo xogarán ademais o Xuvenil A (16:30) e Cadete A (16:30). Para estes partidos, os socios do Dépor teñen libre acceso. Para o público, a entrada custa 3 euros.

Na Coruña, fronte ao Ural, competirán o Cadete B (18:00) e Infantil A (12:00); e en Ourense o Deportivo ABANCA B (16:00).

Non teñen partido esta fin de semana o Xuvenil B, cuxo partido se xogou o pasado 22 de decembro; os dous equipos alevíns e o Benxamín B. Por contra, o Benxamín A inicia ante o Calasanz Á Segunda Fase da Primeira Comarcal.

O calendario de partidos desta primeira xornada do ano 2018 é a seguinte:

Segunda División B
FABRIL - FUENLABRADA, o domingo 7 de xaneiro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: 1. Fuenlabrada, 41 puntos; 2. Fabril, 39 puntos; 3. Rayo Majadahonda, 37 puntos...

Categoría feminina
15ª xornada: UD OURENSE - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 7 de xaneiro ás 16:00 no campo María Auxiliadora - Salesianos (Ourense)
Clasificación da Primeira Autonómica Feminina: 1. Valladares, 39 puntos; 2. Atlético Arousana, 37 puntos; 3. Deportivo ABANCA B (un partido máis), 32 puntos; 4. Viajes InterRías FF, 27 puntos; 5. Umia, 26 puntos...

Categoría xuvenil
18ª xornada: XUVENIL A - LLANO 2000, o domingo 7 de xaneiro ás 16:30 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. Sporting de Gijón, 42 puntos; 2. Celta, 38 puntos; 3. Xuvenil A, 37 puntos; 4. Real Racing Club e Roces, 31 puntos...

Clasificación da Liga Nacional: ... 3. Victoria, 37 puntos; 4. Xuvenil B, 34 puntos; 5. Racing de Ferrol, 31 puntos...

Categoría cadete
17ª xornada: CADETE A - CALASANZ, o domingo 7 de xaneiro ás 16:30 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 46 puntos; 2. Cadete A, 37 puntos; 3. Calasanz, 30 puntos...

17ª xornada: URAL B - CADETE B, o domingo 7 de xaneiro ás 18:00 no campo da Leyma (A Coruña)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: ... 3. Xuventude Oroso, 38 puntos; 4. Cadete B, 30 puntos; 5. EF Lalín e Viveiro A, 28 puntos; 7. Lugo B, 27 puntos...

Categoría infantil
17ª xornada: URAL - INFANTIL A, o domingo 7 de xaneiro ás 12:00 no campo da Leyma (A Coruña)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Infantil A, 46 puntos; 2. Calasanz, 42 puntos...

19ª xornada: INFANTIL B - ATLÉTICO ARTEIXO, o mércores 10 de xaneiro ás 19:00 en Abegondo
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Ural B, 39 puntos; 2. Orillamar, 38 puntos; 3. Infantil B, 37 puntos; 4. Sporting Cambre, 36 puntos; 5. Victoria B, 35 puntos; 6. Atlético Arteixo, 34 puntos...

Categoría benxamín
Segunda Fase da Primeira Comarcal, 1ª xornada: BENXAMÍN A - CALASANZ A, o domingo 7 de xaneiro ás 12:30 na Torre