RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A Real Federación Galega de Fútbol expón dous grupos en Terceira con 11 posibles rivais para o Fabril

A Real Federación Galega de Fútbol fixo pública unha proposta para a Terceira División, que quedaría dividida en 2 grupos de 12 equipos de acordo ao criterio de proximidade xeográfica.

Desta forma, o Fabril, encadrado no grupo norte (provincias da Coruña e Lugo), tería estes 11 rivais: Silva SD, UD Paiosaco, Bergantiños FC, SD Fisterra, Vista Alegre Estudantil, CSD Arzúa, CD As Pontes, UD Somozas, Viveiro CF, Racing Villalbés e Polvorín FC.

O filial arrinca hoxe mércores ás 10:30

O filial deportivista, con Juan Carlos Valerón ao mando, arrinca hoxe 12 de agosto en Abegondo cos seguintes futbolistas:

- Porteiro: Pablo Brea

- Defensas: Íñigo Reinoso, Alejandro Boedo, David Suárez (procedente do Arenteiro), Álvaro Yuste, Iván Guerrero e Israel Pérez

- Centrocampistas: Álex Barba, Miguel Ángel Prendes, Víctor Guedes, Famoussa Kanouté, Álex Pérez, Aarón Sánchez, Jorge Sarmiento, Javier Sanmartín (Racing de Ferrol) e Raúl Pescador (Getafe B)

- Dianteiros: Yeremay Hernández 'Peke', Adri Castro, Juan Cambón (CD As Pontes), David Rojo e Javi Sánchez