RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A RFEF anunciará o mércores 21 a publicación do calendario ligueiro do Deportivo ABANCA

A Real Federación Española de Fútbol anunciará o vindeiro mércores 21 de xullo, ao concluír o sorteo do calendario da Primera Iberdrola, a data na que se fará público o calendario de Reto Iberdrola ou Segunda División RFEF, competición na que participará o Deportivo ABANCA.

Os quince rivais do conxunto branquiazul, nun dos dous grupos nos que quedou constituída a categoría de prata do fútbol feminino español, son os seguintes:

-Athletic Club B
-CD Fundación Osasuna Feminino
-CD Parquesol (Valladolid)
-CDE Racing Féminas (Santander)
-CE Seagull (Badalona, Barcelona)
-Atlético de Madrid B
-FC Barcelona B
-Oviedo Moderno CF
-SE AEM (Lleida)
-Real Sporting de Gijón
-Zaragoza CFF
-RCD Espanyol
-FC Levante Las Planas (Sant Joan Despí, Barcelona)
-CD Pradejón (A Rioxa)
-CDEF Logroño

O Deportivo ABANCA comezará a temporada a fin de semana do 4 e 5 de setembro. O último partido de 2021 será a fin de semana do 11 e 12 de decembro. Após o parón do Nadal, a competición retomarase o 8 ou 9 de xaneiro de 2022. A liga concluirá a última fin de semana de maio e quedará o mes de xuño para os playoff.

Apunta a Real Federación Española que de cara á temporada 2022-23 haberá unha nova reestruturación no fútbol feminino: a Primera Iberdrola terá unicamente 14 equipos (non os 16 que hai agora mesmo); e Reto Iberdrola quedará constituída nun só grupo de 16 equipos. Isto leva á creación dunha nova categoría, a Terceira RFEF, constituída por dous grupos de 16 equipos cada un.

Até a data, están confirmadas as seguintes futbolistas para a próxima temporada do Deportivo ABANCA:

-Porteiras: Ana Valles e María Sampalo

-Defensas: Cris, Patri López, Andrea Sierra, Inés Altamira e Goretti Neira

-Centrocampistas: Alba Merino, Eva Dios, Paula Gutiérrez e Alejandra Serrano

-Dianteiras: Ainhoa Marín, Carlota e María Ruiz