RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A RFEF despachará en liña as máis de 30.000 localidades dispoñibles de ABANCA-RIAZOR para o Dépor-Linares

A RFEF, a través da súa plataforma web https://tickets.rfef.es/, venderá, desde as 18:00 h. de hoxe mércores, as máis de 30.000 localidades dispoñibles do aforo de ABANCA-RIAZOR para o partido de semifinais da Promoción de Ascenso a Segunda División.

Deste xeito garántese o acceso á compra dunha entrada para todas as persoas socias con asento de temporada do Club e para outros varios miles de Deportivistas que tamén queiran acudir ao partido.

MOI IMPORTANTE! O RC Deportivo quere lembrar a todas as persoas socias que:

- Para este partido ABANCA-RIAZOR non é o campo do RC Deportivo. É campo da RFEF como sede da Promoción de Ascenso a Segunda, polo que a organización do partido, a todos os niveis, corresponde á RFEF.
- Por iso, o partido non entra dentro do abono de temporada do RC Deportivo e non será válido o acceso co carné en ningún caso.
- Só poderase acceder ao Estadio ABANCA-RIAZOR con entradas adquiridas en https://tickets.rfef.es/
- Polo sistema poderán comprar localidades de calquera bancada do campo, polo que é imposible garantir a ningunha persoa socia que a entrada que compre coincida co seu asento ou bancada habitual.
- Os prezos das entradas marcados pola RFEF para este partido son:
     Tribuna Superior e Inferior: 26 euros
     Preferencia Superior e Inferior: 22 euros
     Fondos de Marathón e Pavillón: 18 euros
- Para calquera dúbida ou aclaración sobre este tema, a Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida da Habana s/n) permanecerá aberta no seu horario habitual ata o venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h.