RCD / NOVAS

A SD Sofán, recentemente ascendida a Tercera RFEF, é o primeiro rival do Fabril en pretemporada

25/07/2021 12:49

A SD Sofán, equipo recentemente ascendido a Tercera RFEF, será o primeiro rival do Fabril nesta pretemporada. O encontro xogarase no campo 3 de Abegondo o vindeiro sábado 31 de xullo ás 11:30 horas.

Nos próximos días irase completando o calendario de encontros de preparación do filial deportivista, que arrancou a súa pretemporada o pasado mércores 21 de xullo.

A Federación Galega fixou para o 12 de setembro a data de inicio da Terceira RFEF na que participa o Fabril de Óscar Gilsanz.

O ente federativo advirte que esta previsión se pode ver afectada pola situación sanitaria derivada da pandemia de COVID-19.

Desexa a Federación Galega que cando arrinque a competición estea xa avanzada a vacinación da poboación, co que poidan estar inmunizados o máximo número de deportistas posibles.