RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A segunda edición dos DéporCampus Cabreiroá Indoor terá lugar do 26 ao 30 de decembro

O RC Deportivo pon en marcha por segundo ano os DéporCampus Cabreiroá Indoor, que terán lugar novamente na semana entre Nadal e Fin de Ano, nas instalacións de Fútbol Indoor Coruña (A Grela) e PadelPlus (Alvedro).

Os II DéporCampus Cabreiroá Indoor terán lugar entre o mércores 26 e o domingo 30 de decembro, van dirixidos a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos e estarán divididos nesas dúas sedes.

Esta actividade conta con prazas limitadas, un total de 90, distribuídas en 45 por cada unha das sedes.

Como en todos os DéporCampus, os inscritos contarán con transporte gratuíto, seguro de accidentes deportivo, un equipamento (camiseta, pantalón e medias) por alumno, un xantar diario (auga e froita), unha entrada para un partido do Dépor en Abanca-Riazor e o diploma acreditativo da asistencia. Ademais, participarán nun sorteo de agasallos.

Os DéporCampus Cabreiroá Indoor teñen como principal obxectivo o perfeccionamento dos fundamentos técnicos dos xogadores: a condución, o control, o pase, o caneo e o golpeo de balón, nunhas condicións de adestramento e unhas instalacións propicias para a mellora individual do xogador, supervisados por técnicos da canteira do Real Club Deportivo.

Máis información (prezos, descontos, formas de pago, paradas de bus...) e incripciones aquí.