RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A selección de Euskadi, con Peke, campioa da Basque Country International Cup

O torneo Basque Country International Women's Cup o domingo 11 de abril enfrontou ás deportivistas Peke, convocada pola selección de Euskadi; e Kika e Michelle Romero, seleccionadas por Venezuela.

O torneo transcorreu en formato 'tres nun' coa presenza ademais de Arxentina. Os partidos duraron 45 minutos con estes resultados cos que a selección de Euskadi foi a vencedora:

Arxentina 1 - Venezuela 0. Por penaltis: 1-3
Selección de Euskadi 1 - Arxentina 0. Por penaltis: 3-2
Selección de Euskadi 0 - Venezuela 0

Kika e Michelle Romero xogaron ante Arxentina no partido que abriu o torneo. Caeron as venezolanas (0-1) no encontro pero impuxéronse na quenda de tres penaltis coas que finalizou cada choque (1-3). Kika anotou unha das penas máximas.

No segundo encontro, Peke saíu de inicio coa selección de Euskadi fronte á gañadora do partido inaugural, Arxentina. Precisamente da dianteira deportivista foi a xogada persoal e a asistencia a Yulema no primeiro e único gol do partido. Dispuxo Peke de varias oportunidades máis pero faltou puntaría.

Finalmente, no Euskadi-Venezuela co que concluíu o torneo, xogaron Michelle Romero e Kika, esta substituída no minuto 30. Peke non chegou a saltar ao céspede. As vascas igualaron (0-0) e levaron o trofeo.

Kika e Michelle Romero xa foron titulares ante Arxentina o pasado xoves

Dous das seleccións participantes no torneo Basque Country International Women's Cup víronse o pasado xoves 8 as caras en Lezama nun partido de preparación.

Debido á ausencia a última hora da selección nixeriana, que reduciu o torneo a un triangular en formato 'tres nun', venezolanas e arxentinas decidiron disputar ese encontro amigable.

As deportivistas Kika e Michelle Romero foron titulares e xogaron completo un encontro que acabou sen goles (0-0). Ademais, Kika portou o brazalete de capitá do seleccionado venezolano.

Na citación de Venezuela para esta concentración estaba tamén a dianteira do Deportivo ABANCA Gabriela García 'Gaby', que quedou na Coruña debido a unha lesión muscular.