RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A selección de Venezuela de Gaby, Michelle e Kika ascende no ranking mundial de FIFA

A selección venezolana feminina, na que militan as deportivistas Gaby, Michelle Romero e Kika, ascende posicións no ranking FIFA, segundo indica a Federación Venezolana de Fútbol na súa páxina web oficial.

A "Vinotinto" que dirixe Pamela Conti ocupa actualmente o posto 57 do mundo con 1.425 puntos, 6º mellor da Conmebol, a Confederación Suramericana.

Nesta clasificación mundial o número de equipos é de 159. Lidera o ranking Estados Unidos con 2.181 puntos.

As 3 futbolistas do Deportivo ABANCA, Gaby, Michelle Romero e Kika, acaban de participar a principios deste mes de marzo nunha concentración da selección venezolana en Italia, durante a cal disputaron 2 partidos amigables.

As xogadores branquiazuis están xa desde mediados de mes no seu domicilio da Coruña cumprindo coas medidas de confinamento decretadas polas autoridades españolas e seguindo o plan establecido de traballo a cargo de Manu Sánchez e a preparadora física Lucía Piñeiro.