RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

A Selección Española de Tere Abelleira xógase ante Holanda unha praza na final do Europeo Sub-17

A Selección Española Sub-17, na que se atopa a centrocampista branquiazul Tere Abelleira, mídese mañá xoves 11 de maio a Holanda (11:00 horas) na primeira semifinal do Campionato de Europa da categoría. O encontro terá lugar no Estadio de Domazlice, na citada localidade checa.

En caso de superar ás holandesas, agardaría a España na final do domingo 14 de maio (18:30 horas) ou ben Alemaña ou ben Noruega, as outras dúas selecciones semifinalistas.

Unha escordadura no seu nocello esquerdo impediu o pasado luns á capitá do Deportivo Abanca xogar ante Francia na terceira xornada da Primeira Fase. Nos dous anteriores partidos, fronte a Alemaña e a República Checa, Tere Abelleira foi titular e completou os dous encontros.

O calendario de España, cos resultados, é o seguinte:

Primeira Fase
Martes 2 de maio
ESPAÑA 1 - ALEMAÑA 4

Venres 5 de maio
REPÚBLICA CHECA 1 - ESPAÑA 5

Luns 8 de maio
FRANCIA 1 - ESPAÑA 1

Xoves 11 de maio
Semifinal
11:00: ESPAÑA - HOLANDA (Estadio de Domazlice)