- Foto: @COE_es -
A Selección Española sub-18, na que milita o deportivista Mujaid, adxudicouse hoxe sábado en Reus a medalla de ouro dos Xogos do Mediterráneo ao derrotar na final a Italia (3-2).
O central branquiazul viu o partido desde o banco e non chegou a saltar ao terreo de xogo.
O pasado domingo foi o debut do canteirán deportivista nesta competición, con motivo da segunda xornada da fase de grupos ante Bosnia Herzegovina en Reus. Mujaid foi titular nun partido que venceu España (2-1).
Desta forma, Mujaid culmina unha gran temporada, na que ademais debutou co Deportivo en LaLiga Santander.
Os resultados de España nesta edición dos Xogos do Mediterráneo foron os seguintes:
Venres 22 de xuño
ALXERIA 1 - ESPAÑA 4
Domingo 24 de xuño
ESPAÑA 2 - BOSNIA HERZEGOVINA 1
Xoves 28 de xuño
Semifinal
ESPAÑA 2 - MARROCOS 1
Sábado 30 de xuño
Final
ESPAÑA 3 - ITALIA 2