RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A selección española sub-19, con Abelleira e Méndez, xa en Escocia para iniciar mañá o europeo

Foto: - @SEFutbolFem -

A capitá do Deportivo ABANCA, Teresa Abelleira; e María Méndez, recentemente incorporada ao conxunto deportivista, desprazáronse onte domingo 14 de xullo a Edimburgo (Escocia) para participar no Campionato de Europa sub-19.

España quedou encadrada no grupo B, con Inglaterra, Bélxica e Alemaña.

Todos os partidos poderanse seguir en directo en Teledeporte, a canle temática en aberto de deportes de Televisión Española; a excepción do encontro do venres ante Inglaterra, só pola web www.rtve.es.

O calendario de partidos da Primeira Fase da selección española, en horario local (unha hora máis en España) é o seguinte:

Martes 16 de xullo
17:00: ESPAÑA - BÉLXICA, no Forthbank Stadium en Stirling

Venres 19 de xullo
17:00: INGLATERRA - ESPAÑA, no Forthbank Stadium en Stirling

Luns 22 de xullo
17:00: ALEMAÑA - ESPAÑA, no Forthbank Stadium en Stirling

As dúas primeiras seleccións pasan a semifinais, que se xogan o xoves 25 de xullo.