RCD / NOVAS

A selección española sub-21 cita ao deportivista Montero para dous partidos neste mes de outubro

04/10/2019 14:40

A selección española sub-21 convocou ao deportivista Javi Montero para dous partidos neste mes de outubro, o xoves 10 de outubro en Córdoba ante Alemaña de carácter amigable (19:45 horas); e o martes 15 en Podgorica (Montenegro) fronte a Montenegro (19:45), clasificatorio para o Campionato de Europa da categoría.

Desta forma, o defensor branquiazul será baixa para a visita do Dépor ao Estadio Gran Canaria do domingo 13 de outubro (21:00 hora peninsular, #Imos).

Mollejo acode este luns á chamada da sub-19

Pola súa banda, Víctor Mollejo foi citado pola selección española sub-19, que dirixe Santi Denia, para disputar o Mini Torneo de Clasificación de Belgrado (Serbia) entre o 8 e o 14 de outubro, e buscar o pase á Rolda Elite.

O atacante branquiazul debía incorporarse inicialmente mañá sábado 5 de outubro á concentración da selección, para viaxar a Belgrado o domingo 6, pero a dirección deportiva da selección, atendendo á solicitude efectuada pola dirección deportiva do Club, autoriza a súa incorporación tralo partido do domingo 6 ás 18:30 en ABANCA-RIAZOR ante a UD Almería.

Mollejo si perde a visita ao Estadio Gran Canaria das Palmas do domingo 13.

O calendario dos partidos de España é o seguinte:

Martes 8 de outubro
12:00: ESPAÑA - LITUANIA, no FK Rad Stadium de Belgrado

Venres 11 de outubro
14:00: ESPAÑA - ROMANÍA, no FK Rad Stadium de Belgrado

Luns 14 de outubro
14:00: SERBIA - ESPAÑA, no Center de FA Serbia, en Stara Pazova

Lampropoulos, con Grecia

E finalmente, Vasileios Lampropoulos foi convocado por Johnny van't Schip para os dous próximos partidos da selección grega. Os encontros, clasificatorios para o Euro 2020, dentro do grupo J, serán o 12 de outubro fronte a Italia en Roma e o día 15 ante Bosnia Herzegovina en Atenas.

Deste xeito, Lampropoulos tampouco viaxará co Dépor ás Palmas de Gran Canaria.

Máis novas de: JAVI MONTERO