RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

A Selección Española Sub-21 fíxase en Pablo Insua

Pablo Insua foi convocado pola Selección Españonda Sub-21 para participar nos dous próximos compromisos ante Hungría e Austria. O defensor deportivista está citado en Madrid o luns día 1.

O primeiro partido xogarase o día 4 en Felcsut contra Hungría. O segundo, disputarase o día 9 en Puertollano fronte a Austria. Ambos os partidos son clasificatorios para o Campionato de Europa da categoría.

Insua recupérase actualmente dunha escordadura sindesmótico no seu nocello dereito. Mañá sábado, no adestramento vespertino en Abegondo, saberá se poderá xogar este domingo 31 de agosto ante o Raio Vallecano en Riazor.