RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A semana na OAD comezará o luns co último día para facerse socio cos prezos iniciais

O RC Deportivo lembra que o vindeiro luns será o último día para facerse socio na Oficina de Atención ao Deportivista cara á Temporada 2017-2018 cos prezos iniciais.

O martes é día festivo, co cal a OAD non abrirá as súas portas. Si será posible abonarse ese día cos prezos actuais a través de internet, na páxina abonos.rcdeportivo.es/gl.

Na última xornada desta semana, a matinal deste sábado, a OAD expediu un total de 206 carnés. Deles, 146 corresponderon a novas altas e 10 a renovacións a través de internet, para alcanzar un total de 23.992 socios.

Reserva a túa cita se queres facerche novo socio do RC Deportivo, mañá sábado en horario matinal de 10:30 a 13:30 horas e a semana que vén no horario habitual, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. A OAD non abrirá o martes ao ser día festivo.

Co fin de minimizar a espera na Oficina de Atención ao Deportivista, os afeccionados teñen á súa disposición o servizo de cita previa. A través da páxina citaprevia.rcdeportivo.es, calquera deportivista pode asegurarse unha hora de atención para retirar o seu abono.

Igualmente, os afeccionados poden renovar ou darse de alta (isto último só de Socio Amigo ou Nen@ Dépor) por teléfono, mediante o servizo de ABANCA, no número 902 434 443.

As entradas para o partido da 1ª xornada de LaLiga Santander fronte ao Real Madrid véndense desde hoxe sábado unicamente no interior da OAD. A partir do luns poderán adquirirse no horario habitual da OAD, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Tamén se poden adquirir entradas para o Deportivo - Real Madrid a través de internet na páxina https://www.rcdeportivo.es/entradas.

Para calquera dúbida ou problema, os afeccionados branquiazuis poden poñerse en contacto coa OAD en atencion.deportivista@rcdeportivo.es ou no teléfono 981 259 500 extensión 1.