RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A sesión vespertina pechou a semana do Dépor, que regresará o luns a Abegondo

Fernando Vázquez decidiu esta tarde, coa sesión vespertina, pór o punto e final á semana de adestramentos do Deportivo.

Así pois, o técnico branquiazul suspendeu a sesión prevista para mañá sábado, que sería a 9ª nos últimos 5 días, e citou aos seus futbolistas o luns pola mañá de novo en 3 grupos, tal e como establece o protocolo de LaLiga na súa Fase 3.

Longa e dura xornada de venres, con 3 horas de traballo sobre o céspede

O Deportivo tivo hoxe unha longa e dura xornada de adestramento na Cidade Deportiva de Abegondo.

Foron 3 horas de traballo sobre o céspede, repartidas mañá e tarde, para cada un dos 3 grupos nos que está dividida o cadro nesta Fase 3 de protocolo establecido por LaLiga.

O primeiro grupo adestrouse ás 09:30 e 17:30 horas; o segundo, ás 10:45 e 18:30; e o terceiro, ás 12:00 e 19:30 horas.

Fernando Vázquez alternou tarefas técnicas con balón (roldo, finalizacións...) no campo 3, con tarefas físicas, como un circuíto de forza coordinado por Manuel Pombo e Fran Molano nun dos campos de fútbol 7.

Adestráronse á marxe do grupo Bóveda; Mujaid; Çolak, cunha dorsalgia; Valín, cunha sobrecarga nun aductor; e Juan Rodríguez, cunha sobrecarga nun isquiotibial.