RCD / NOVAS

A TVG ofrecerá o Dépor-Real Madrid de semifinais de Copa de Campións Xuvenís o xoves ás 19:00 h.

21/06/2021 21:46

A Televisión de Galicia, a través da súa emisión por televisión (TVG 2) e as plataformas en liña da RFEF: www.rfef.es, ofrecerá en directo desde o Marbella Football Center o vindeiro xoves 24 a partir das 19:00 h. a primeira semifinal da Copa de Campións Xuvenís que enfronta ao RC Deportivo e a Real Madrid.

O vencedor da eliminatoria enfrontarase na final do domingo ás 12:00 h., ao vencedor da outra semifinal, a que disputarán a continuación o FC Barcelona e o Málaga CF.