RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Á venda as entradas para o Dépor-Málaga, con descontos para socios e/ou accionistas

As entradas para o encontro da 31ª xornada de LaLiga Santander no Estadio ABANCA-RIAZOR entre o Real Club Deportivo e o Málaga CF xa están á venda.

O partido disputarase na noite do venres 6 de abril, a partir das 21:00 horas.

Para este partido, os socios e/ou accionistas poderán adquirir entradas de acompañante (até un máximo de 4) de todas as localidades, cuns prezos reducidos de 15 e 10 euros. Aos socios asignaránselles entradas do seu mesma localidade e, en caso de esgotarse, ofreceránselle alternativas (socios de Pavillón Inferior: alternativa Pavillón Superior ou Marathón Superior; socios de Pavillón Superior, alternativa Marathón Superior; socios de Marathón Inferior, alternativa Marathón Superior e socios de Preferencia Inferior, alternativa Preferencia Superior).

Os prezos das entradas de público oscilan entre os 40 euros da Tribuna Superior e os 20 euros de Pavillón Superior.

Como é habitual, tamén hai dispoñibilidade de localidades VIP na área 1906. Para máis información respecto diso, contactar en atencion.deportivista@rcdeportivo.es.

Para adquirir as localidades os afeccionados deben achegarse á Oficina de Atención ao Deportivista, que se atopa aberta de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.

O venres 6, día do partido, a venda trasládase aos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor desde as 11:00 h. e até o comezo do partido.

As entradas de público tamén poden comprarse online aquí

Prezos das entradas de público e os billetes para socios e/ou accionistas para o Dépor-Málaga (venres 6 de abril, 21:00 horas):